PRESENTACIÓN LIGA LOCAL DE MONDOÑEDO

 



A Delegación de Deportes presentou hoxe a liga Local de fútbol-salga que se inicia no mes de Marzo, liga federada e que contará con seguro tanto para os xogadores como delegados, do mesmo xeito que contará con árbitros federados.
Á presentación acudiron Pablo Prieto vicepresidente da Real Federación  Galega de Fútbol e actual presidente do Comité Galego de Fútbol sala, e Manuel Tapia Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo.
A liga xogarase os venres pola noite, en partidos de dous tempos de 20 minutos a tempo corrido salvo os dous últimos minutos de cada tempo que serán a tempo parado.
O Concello aposta a competición sendo o prezo para a mesma moi competitivo para os equipos, tentando que sexan entre seis e sete equipos os apuntados á competición.
Calquera equipo interesado pode chamar ao teléfono 605790091 (Raúl).