Ximnasias de Mantemento


 O  Concello de Mondoñedo pecha tres dos grupos de ximnasia de mantemento que ten organizados ao chegar ao límite de apuntados. Quedan prazas nun dos grupos que son os martes e os venres de 11 a 12 da mañá. Estas clases son de estiramentos e mobilidade articular, clases moi suaves de ximnasia de mantemento.

Se queres información podes chamar ao teléfono 605790091.

Agradecemos a colaboración do Centro Socio comunitario da Xunta de Galicia en Mondoñedo onde impartimos tres dos grupos de ximnasia ao cedernos as súas instalacións e axudarnos na organización da actividade.