PRUEBA PROVINCIAL DE DUATLÓN




CAMPEONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN. PROGRAMA XOGADE:

ORGANIZAN:

Concello de Mondoñedo 
A.D. Salto do Coro 
A.D. Tri-penta Terras de Lugo 
Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno 

 PATROCINA E PROMOVE: 

Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia 

COLABORA: 

Deputación Provincial de Lugo 


PARTICIPANTES PREVISTOS: 100 

DATA E HORARIO DA CARREIRA: Sábado, 14 de abril de 2018 

Multixogo-dúatlon penbenxamíns as16:00 h. 

Final Provincial de Dúatlon Escolar:
Saída categoría benxamín ás 16 h 30´ 
Saída categoría alevín ás 16 h 50´ 
Saída categoría infantil ás 17 h 20´ 
Saída categoría cadete ás 18 h 00´ 
Entrega de premios ás 18 h 45´ 

DISTANCIAS: 

Categoría benxamín: 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250 m de carreira a pé 
Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500 m de carreira a pé 
Categoría infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé 
Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé 

CONTROL DE MATERIAL: Dende as 15:45 h. ata 10 minutos antes de cada proba. 

RECOLLIDA DE DORSAIS: Na carpa da organización de 15 h 00´ a 15:45 h. a carón da zona de transición 


PREMIOS: Medallas para as/os tres primeiras/os de cada categoría sexo, da clasificación individual 


REGULAMENTO MULTIXOGO-DÚATLON PREBENXAMÍN 

Só deportistas de categoría prebenxamín dados de alta na actividade Multixogo do programa Xogade 2018. 

Coincidindo coa final provincial que se vai a celebrar en Mondoñedo (día 14 de abril, ás 16 horas), a Delegación Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, o Concello de Mondoñedo e a Asociación Deportiva Salto do Coro organizan unha sesión de bici e correr para nenos pequenos (prebenxamíns) que esten dentro da actividade Multixogo do programa Xogade da Xunta de Galicia. 

A organización da actividade farase no CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MOURA, xusto á beira de onde transcorre a proba. Faranse gymkanas en bicicleta, onde os alumnos que se apunten farán cada estación por separado para practicalas. Ao acabar cada estación faranas todas xuntas. 

O circuito da gymkana faríase en metade da pista polideportiva cuberta. Dende que acaban de practicar a gymkana en bicicleta farán en pequeñas saídas o percorrido correndo na outra metade; collerán a bici para facer a gymkana, deixarán a bicicleta outra vez, e volverán correr. 


Esta dinámica fará que os/as nenos/as apuntados vivan un pequeño dúatlon de forma especial e xogada.