lunes, 17 de febrero de 2014

AVISO TENIS DE MESA (DEPORTE ESCOLAR). LOURENZÁ-MONDOÑEDO.

AVISO DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA A MARIÑA:

Unha vez recibidas todas as inscripcións da modalidade de Tenis de Mesa na Agrupación Deportiva "A Mariña", observamos que o número de equipos supera os 60. Así pois, vémonos na obriga de cambiar o formato de competición que tiñamos previsto, xa que ao ser tantos partcipantes non hai tempo a xogar as rondas necesarias para sacar unha clasificación axeitada, e ademais os rapaces xogarían moi poucas partidas.
Despois de barallar varias posibilidades e postos en contacto co Servizo Provincial de Deportes acordamos celebrar dúas xornadas como tiñamos previsto, pero todo o día.
As datas nas que se celebrará a competición serán:
  • 5 de abril (esta data non cambia). Todo o día*. Cambiase a sé, e agora será no Colexio M. Otero.
  • 26 de abril. Todo o día*. No Colexio do Pilar.
 
(*Comezaremos ás 10:00 e prolongaremos a xornada ata ben entrada a tarde. Os rapaces deberán traer o bocadillo e comerano no momento que lles toque descansar).
 
 
Como poden ver a xornada prevista para este 22 de febreiro pola tarde ,trasládase ao sábado 26 de abril  todo o día (á volta de Semana Santa). Queremos que este deporte, xa de por si minoritario, teña polo menos dúas xornadas completas onde os rapaces poidan xogar e divertirse.
 
Agardando sexa do seu agrado esta decisión da Agrupación e do Servizo Provincial, enviámoslles un atento saúdo