Adxuntamos resultados da 2ª Proba Clasificatoria Escolar celebrada o pasado domingo 10 no Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Estos resultados son provisionais pendentes de posibles erros.
Deixamos ata o xoves para recibir correccións.
O xoves 14 abril enviaremos listados (ranking de marcas) cos atletas clasificados para o provincial (16 mellores marcas das dúas probas clasificatorias).
Como pode ocorrer que atletas estean clasificados para máis probas das que poden realizar (ver normativa), as entidades deportivas deberan renunciar as probas que non podan facer. (a modo orientativo os horarios serán similares os da 2ª clasificatoria, exceptuando que non haberá probas para cadetes). Darase de prazo ata o día 25 de abril para comunicar as renuncias.
O 26 de abril publicarase un novo listado coas modificacions das renuncias feitas e "repescaranse" a os seguintes atletas na lista. Este xa será o listado definitivo dos participantes no provincial. (Pode darse o caso, de novo, que aparecen atletas con máis probas das que poden realizar, deberase enviar a renuncia a aquelas probas que non se faga, non se repescará a ningún atleta máis debido a estas renuncias).
Lembramos que aquel atleta que participe en máis probas das permitidas pola normativa será descalificado das probas a maiores que realice (exemplo de criterio para descalificar, se só pode facer dúas probas e fai catro, descalificarase de aquelas que faga a maiores, e dicir da terceira/cuarta proba que realice segundo o horario).
Non será necesario enviar inscripcions para o Campionato Provincial.