martes, 1 de febrero de 2011

NUEVO ARTÍCULO DE RECUERDOS DEPORTIVOS

AQUELES MARAVILLOSOS ANOS.
A semana pasada, argallando no facebook estiven a falar no chat co incasable
dinamizador deportivo Raúl, convidándome a escribir un artigo no su blog sobre a
actualidade do deporte na nosa cidade; das lembranzas que poidera ter do deporte na
miña nenez i adolescencia, i non poido menos que escribir falando da extraordinaria i
grande puxanza da actividade deportiva que eu vivín dende o ano 1970 que nacín en
Mondoñedo. Poís amigos, as miñas primeiras lembranzas vanse á escola de párvulos que
tiñamos no ultimo andar onde hoxe atópase a biblioteca i coa inesquencible profesora Dª
Alicia Tezanos, á que tanto débelle a nosa cidade, cando fumos de excursión nada menos
que ó campo de fúfbol viñas da veiga, aló polo ano 1974; para nós todo un acontecemento
ollar aquel terreo de xogo inmenso i acudires posteriormente ós partidos do Mondoñedo i
ollar os grandes derbys entre os equipos da zona que había daquela, co campo cheo de
xente; tendo na retina especialmente naqueles anos a un dos seus xogadores Pascual
Ares, que xogaba de dianteiro centro i posuía unha velocidade endiablada.
Sen dúbida o deporte rei naqueles anos mozos foi o fútbol que practicabamos na rúa do
Progreso onde nacín i na praza da catedral, onde tamén xogabamos ó frontón i ás
columnas no cantón; onde nos xuntabamos unha morea de xente i especialmente no vran
cando viñan de vacacións os fillos de mindonienses que estaban fora da nosa cidade, i de
vez en cando non quedaba outra que agocharse na alianza, cando viñan os municipais a
quitarnos o balón, porque non querían que xogásemos na rúa. Xa os encontros máis
oficiais iamos xogar sobre todo ás pistas que había na praza da alcántara i á do Instituto, i
como non, a ollar os derbys de balonmán i baloncesto nos que había máis que palabras
entre o equipo do instituto i os equipos que preferentemente viñan da cidade de Lugo
como os Maristas. Lembro tamén con gran agarimo, as charlas cando iamos a ollar os
partidos pola televisión no casino, sobre o deporte en xeral i especialmente un concepto
que nos facía moita gracia como o contaba, i era sobor das súas teorías da respiración
dos deportistas no exercicio físico, o inefable Dº José, O Turco, irmán de Álvaro, o que foi
lateral do Valencia f.c; i como non, do nacemento, coido que o mellor movemento social i
deportivo que deu a comarca a escomenzos dos anos 80, como foi do Club de Vagos.
Outro gran recordo que teño da miña adolescencia, foi o paso as escomenzo dos anos
oitenta, polo Real Seminario Conciliar Santa Catalina en todos os niveis; educacional i
deportivo, competindo durante os tres anos que fixen a EXB nas tempadas de Cross no
inverno i Atletismo xa na primaveira por toda Galicia nos campeonatos escolares i
federados, vendo correr na súa categoría por ex a Estela Estévez, unhas das mellores
atletas españolas da década dos oitenta do Real Clube Celta de Vigo, que xa naqueles
anos participaba nos campeonatos de Europa i do Mundo i cunha revalidade intensísima
entre os Franciscanos, os Maristas de Lugo i nós; lembro especialmente o frío que
pasabamos, que ata non tiñamos forza para atar as botas de cravos de como levábamos
as máns cando íamos a lugo, ó monte segade i ás pistas de atletismo que están ó carón
do edificio dos Xulgados, i que cando hoxe dende a súa cristaleira ollo esas pistas de
tartán i non as de cinza como eran daquela, certamente un sinte certa envexa das
instalacións que hai agora i as que había antes.
Pois estas son a modo de breves pinceladas, as lembranzas que eu teño daqueles anos
tan maravillosos que tocoume vivir, i dende a oportunidade que me brinda Raúl neste
blog, animo especialmente a todos os cativos mindonienses á práctica do deporte como
plataforma de desenrolo persoal, educacional e dinamizador da sociedade que boa falta
fai nestes tempos; saúdos.
Asdo; Roberto Muíño Rodríguez, Avogado.