ELIDE COLABORA CONNOSCO NA CARREIRA POLAS LETRAS


Entre o 14 e o 15 do mes de Maio, a Delegación de Deportes organiza distintas carreiras populares nos centros educativos de Mondoñedo. A Delegación xuntarase coa dirección dos centros para organizar devanditas probas que nos servirán para conmemorar de forma deportiva o día das letras galegas. Irémosvos informando de como vai a organización das probas. Damos as grazas a ELIDE pola colaboración coas medallas para as probas.