miércoles, 25 de junio de 2008

SEMINARIO DE PROTOCOLO DEPORTIVO

No marco dos Cursos de Verán 2008 da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/cultura/cverao08.htm), a Fundación Azkar e a Vicerreitoría de Cultura organizan un Seminario de PROTOCOLO DEPORTIVO. Terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo no Centro de Desenvolvemento Comarcal de Mondoñedo. Conta coa colaboración da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Mondoñedo.

Este seminario está aberto a todas as persoas interesadas na organización de actividades deportivas, É de especial utilidade para responsables en política e xestión deportiva local, xerentes e xestores deportivos de concellos, responsables de federacións deportivas, directores deportivos e xerentes de clubs, directores de comunicación e xefes de protocolo, licenciados en ciencias do deporte e da educación física (INEF) e técnicos e estudantes universitarios.

O devandito curso está en trámite de ser homologado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Para os estudiantes da USC, valídase por un crédito de libre configuración.

O importe da matrícula é de 70€ (taxa xeral) ou de 40€ (taxa reducida aplicable a estudantes de calquera universidade, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC). A mesma, pode ser formalizada a través de internet no enderezo: http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm#MONDOÑEDO

O PROGRAMA COMPLETO DO SEMINARIO É O SEGUINTE:

SEMINARIO DE PROTOCOLO DEPORTIVO

Datas: de 18 a 20 de xullo
Lugar: Centro de Desenvolvemento Comarcal de Mondoñedo
Nº de horas lectivas: 20
Director: Eugenio A. Rodríguez Núñez
Secretario: M. Alberto Fernández Fraga
Web propia do curso: www.fundacionazkar.org

Este curso conta cun cofinanciamento da Deputación Provincial de Lugo, do Concello de Mondoñedo e da Fundación Deporte Galego


PROGRAMA

18 de xullo

9:00
Entrega de material

9:30
Inauguración do curso

10:00 a 14:00
Normas básicas do protocolo e a súa aplicación
Juan Ángel Gato, Xefe de Protocolo e Relacións Internacionais do Consello Superior de Deportes

16:00 a 20:00
Ordenación xeral de precedencias
Juan Ángel Gato, Xefe de Protocolo e Relacións Internacionais do Consello Superior de Deportes


19 de xullo

10:00 a 14:00
Análise de supostos prácticos en eventos deportivos
Juan Ángel Gato, Xefe de Protocolo e Relacións Internacionais do Consello Superior de Deportes


14:00 a 16:00
Exercizo práctico de organización de actos sociais do deporte. Comida Oficial
Juan Ángel Gato, Xefe de Protocolo e Relacións Internacionais do Consello Superior de Deportes

16:00 a 18:00
Actos oficiais e sociais no deporte
Juan Ángel Gato, Xefe de Protocolo e Relacións Internacionais do Consello Superior de Deportes


20 de xullo

10:00 a 12:00
O protocolo nos grandes acontecementos deportivos. Comunicación e protocolo
Gerardo Correa Sánchez, Vicepresidente da Escola Internacional de Protocolo

12:00 a 14:00
Mesa redonda cos relatores do seminario

14:00
Clausura