A Fundación Balogal, Obra Social Caixa Galicia, en colaboración co Concello de Mondoñedo invita a todos os alumnos con acompañantes , a presenciar o partido de liga que se xogará o próximo Venres 11 de Abril ás 20:45 h. no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo entre o
LEITE RIO BREOGÁN e o Alerta Cantabria
A fin de organizar a asistencia prégase ás persoas interesadas que o comuniquen ós monitores de Delegación de Deportes como moi tarde o Mércores 09 de Abril.
A saída do autobús realizarase entre as 18:30 e as 18:45 h diante da praza do Seminario . As persoas que non utilicen este servizo deberán estar na porta nº 5 entre as 20:00 e as 20:15 h.