miércoles, 21 de junio de 2023

CAMPIONATO AUTONÓMICO ESCOLAR DE COMBATE E EXHIBICIÓN EN MONDOÑEDO




  

O día 18 celebrouse o Campionato Autonómico Escolar de Combate e Exhibición en Mondoñedo, entre as dúas modalidades xuntaranse uns 600 deportistas galegos e as gradas tiveron un aforo total, o club Jansu foi o organizador deste evento ao que tamén concorría con sete deportistas en distintas categorías acadando os seguintes resultados:

Marina Lorenzo Moreno / bronce en combate

Dana Paz Díaz / prata en combate

Ellie Hanslip / bronce en combate

Xoan Zoe Riveira Pego / bronce en combate

Este Tania Seoane Bermúdez, Uxía Díaz Corzo e Nicolás López López, eran o resto do equipo, anque fixeron un gran papel no tapiz, non pasaron ronda, pero non por iso se desanimaron, senón que lles serve de aprendizaxe para próximos encontros.


Este club colabora coa Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo en distintas actividades ao longo do ano e realiza adestramentos esporádicos na nosa localidade cos seus alumnos.

 

         Soamente nos queda agradecer aos distintos organismos, administracións publicas ( Deporte Galego, Deputación Lugo, Federación Galega e Concello de Mondoñedo), hostalaría e comercio en xeral de Mondoñedo a súa colaboración, xa que senón fose así non sería posible a realización destes eventos.