TORNEO DE FÚTBOL-SALA EN MONDOÑEDO ESTE VERÁN

"Volve o torneo de fútbol-sala ó verán de Mondoñedo.A Asociación Cultural O Pasatempo vai recuperar un dos torneos de fútbol-sala máis veteranos e prestixiosos da provincia e xa ten data para elo. Será os días 3, 4 e 5 de Xullo no pavillón mindoniense. O torneo trata de rememorar aqueles famosos da década dos 80, 90 e comezos deste século, cando baixo o nome de "Club de Vagos" e os últimos como "Cidade de Mondoñedo", xuntaba a centenares de persoas no recinto mindoniense. A organización ten a máxima das ilusións e vai poñer todo da súa parte para que o Maratón de Mondoñedo volva a ser un clásico do verán mariñano. De momento, tanto a cuantía dos premios como o prezo da inscripción está sen pechar, aínda que podemos adiantar que os premios non desmerecerán para nada a importancia do torneo. O único confirmado ata o de agora é o número máximo de equipos, 24, así como a presencia de árbitros federados desde o primeiro ata o último partido.Esto é todo o que podemos contar de momento. Máis información cando a teñamos dispoñible."