sábado, 28 de marzo de 2020

ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA PASAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 7)



Hoxe temos tamén a colaboración do profe de ximnasia do Instituto, compañeiro de actividade no proxecto Fai Deporte que facemos desde a Delegación e coa colaboración coa Asociación Salto do Coro. A verdade é que foi un auténtico descubrimento para o meu este ano, unha gran, gran persoa.

Déixovos a entrevista:


-NOME: Alex Muñoz
-LUGAR DE NACEMENTO: Lugo
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS: Os meus compañeiros do surfing, en especial a Pablo e Berto.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES: sempre xoguei a baloncesto, xoguei e entrenei con xogadores moi bos, pero neste aspecto podería sinalar a Fran Vázquez, xogador de baloncesto de Chantada, número 11 do Draft da NBA e xogador da selección española. Aínda que non xogamos no mesmo equipo, en ocasións xuntábamonos para facer entrenos conxuntos.
Tamén recordo unha época na que acudiamos a entrenar co Ensino, sendo nós cadetes, porque compartiamos entrenador. Alí tiven o privilexio de entrenar con Elena Tornikidou, auténtico mito do baloncesto soviético, medalla de ouro nas Olimpiadas de Barcelona.
-MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE: gardo moi bo recordo de todos os adestradores que tiven porque de todos aprendín algo. Quero destacar aos primeiros polo que me transmitiron no referente a valores, carácter, persoalidade, autonomía e amor polo deporte: Juan Carlos Castro, Cris Seijo e Juan Corral. Tamén quero destacar a Javi Muñoz, actual adestrador axudante do Breogán de Lugo, co que xoguei os meus mellores anos a baloncesto.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: os meus mellores recordos deportivos eu creo que están fóra da competición. A pesar de ter algúns éxitos deportivos, pequenos, como ser campión galego de baloncesto, o que máis valoro son eses momentos nos que xogo a baloncesto na rúa, ou un bo día de surfing ao anoitecer cuns poucos amigos. Eses son os recordos que perduran.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: sobre todo, co surfing , teño feito bastantes tolerías: recorrer 500 km para coller unha onda, surfear nevando, granizando, con tormentas, con costelas rotas, estar a punto de afogar algunha vez, acabar en urxencias un par de veces…
-UN LUGAR: a praia de Lóngara en Barreiros.
-UNHA PELI: Hoosiers, unha película dos anos 80 sobre baloncesto.
- UNHA CANCIÓN: Chop Suey, de System Of A Down. Se todo vai ben estaremos en Viveiro para velos.
-UNHA COMIDA: como de todo e variado, pero teño que confesar que teño un pequeño vicio coa comida rápida, pero sen abusar! Pizzas, hamburguesas, etc.
-DEPORTES QUE PRACTICAS: practiquei moitos deportes e desde moi pequeño. Recomendo desde aquí unha formación polideportiva e evitar a excesiva especialización desde idades tempranas. Eu desde os 6 anos compatibilicei, entrenando e en equipos, o baloncesto, o fútbol sala, o atletismo a algo o taekwondo. Ademais xogaba a tenis, facía surf, natación, voleibol, patinaba, andaba moito en bicicleta, esquí e snowboard. Un pouco de todo.
Despois no INEF tamén fixen ximnasia deportiva, judo, balonmano, waterpolo e un deporte que me marcou moito e do que me arrepinto non poder adicarlle máis tempo: o rugby. Como vedes, un pouco de todo.
De todas formas, os deportes que marcan a miña vida e que sempre están presentes son o baloncesto e o surf.
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: para a xente activa, este confinamento pode ser algo duro, pero hai que plantarlle cara ás adversidades.
Eu recomendo:
- Manter unha rutina diaria.
- Facer exercicio.
- Conservar un bo aspecto físico e hixiene.
- Alimentarse ben.
- Aproveitar o tempo para descansar.
- Ler, aprender cousas, manterse activo mentalmente.
- Ver películas, series.
- Non abusar das pantallas.
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS:
Actualmente hai moitísimas opcións para realizar exercicio desde casa. Recomendo un exercicio diario e a poder ser en diferentes momentos do día:
- Pola mañá: estiramentos, algo de Ioga…
- Pola tarde: exercicios aeróbicos (cinta de correr, bici estática, rodillos), exercicios de forza e musculación co propio corpo ou pocuo peso.
- Cara a noite: estiramentos e relaxación.
Recomendo investigar todas as posibilidades que nos ofrece interntet (Youtube, webs, apps) aínda que con prudencia e adaptando sempre os exercicios ao noso nivel.
Un millón de Grazas a Alex por colaborar connosco. É un auténtico pracer. Esperamos desde a Delegación seguir da man no noso proxecto deportivo máis tempo, que isto só sexa unha paréntese.
Como dicimos sempre desde a Delegación: "Sempre Fortes!"