Hoxe, entre outros, temos a colaboración, entre outros, de Carlos Cortes, árbitro ACB. A verdade é que é un auténtico pracer contar contigo nas nosas entrevistas. Sabes que tes a túa casa en Mondoñedo para cando queiras.
Déixovos a entrevista:
-NOME: Carlos Cortés Rey
-LUGAR DE NACEMENTO: A. Coruña
VINCULACIÓN CO DEPORTE HOXE EN DÍA: Son árbitro de baloncesto, actualmente son internacional e arbitro en ACB e mais na Euroliga. Tamén son técnico superior deportivo en baloncesto e levo adestrando 8 anos no Club Maristas Coruña.
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS: Pois ademais do ritmo da tempada, viaxes, carreiras por aeroportos, e todo o que leva unha semana normal de competición, si que boto de menos a un compañeiro que leva case toda a tempada en blanco por mor dunha lesión. Pouco a pouco vai recuperando pero o proceso é longo e botase de menos velo nas pistas.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE COINCIDICHES: pois non sei destacar un, porque son un privilexiado polo traballo que fago, é algo que me gusta o co que disfruto. Creo que poder arbitrar a Selección Española de baloncesto cada verán na fase de preparación antes de cada campeonato e un feito destacable poder xuntarse cos mellares xogadores nacionais. Pero xa te digo que o mesmo pasa cada fin de semana, no que teño a sorte de participar na segunda mellor liga do mundo de baloncesto.
QUE REFERENTE TES NO MUNDO DO DEPORTE: coma “idolo” non teño ningún, non son moito de ter pero quedome con causas que fan tanto a nivel deportivo coma persoal, con feitos e cousas de Rafa Nadal, Federer, sigo bastante o tenis, a forza mental de Rafa en cada partido o seu esforzo, e a clase de Federer a sua deportividade.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: Pois o mellor creo que foi o día que tiven a sorte de arbitrar en Lugo un partido entre a Selección Española e a Selección Galega. Foi un partido benéfico por mor da catástrofe do Prestige. En primero lugar nese ano eu non estaba na ACB e era a primeira vez que estaba nunha pista con eses xogadores, e a causa en sí, que todo o baloncesto nacional volcouse a botar unha man.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Pois supoño que sería por tema de viaxes e poder chegar a casa o antes posible para traballar ou poder adestrar o meu equipo cadete. Fai anos traballaba nunha emisora de radio e recordo ter que levantarme as 5 da maña o día do partido para facer o control do programa de radio dende Alicante, deixara todo preparado e non foi doado pero por sorte saiu todo ben.
-UN LUGAR: A Coruña, coma na casa ningún sitio.
-UNHA PELI: La vida es bella
UNHA CANCIÓN: One (U2)
-UNHA COMIDA: Tortilla de pataca do meu pai
-DEPORTES QUE PRACTICAS: Xoguei moitos anos o futbol pero actualmente unicamente adentro para estar en forma e góstame sair a correr, facer “running”
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: Pois intentar facer varias cousas o día, moitas e diferentes. Falar cos amigos, ler, ver a tv, limpar, adestrar, …sen sair de casa pero incluso e bo hasta aburrirse un rato e non facer nada. Creo que asi aprenderemos a valorar cada cosa que fagamos no futuro. Temos que aprender algo bo de todo isto.
QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: Intento facer duas sesions de adestramento todos os días, pola maña e pola tarde. Fago moitos exercicios de forza, estiramentos e un pouco de cardio. Non teño material suficiente na casa para adestrar, pero cun pouco de espacio sempre podes facer algo, e polo menos moverse e activarse un pouco, quemar algunha caloría e non estar tirado no sofá todo o día.
Moitísimas grazas pola túa colaboración Carlos. É un auténtico pracer o que colaborases connosco. Lembrar o que dicimos desde a Delegación: "Sempre Fortes!"
