domingo, 5 de abril de 2020

ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LLEVAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 27)


Deixámosvos a entrevista de alguén a quen agradezo moitísimo a súa colaboración connosco coa entrevista, e o seu traballo, do mesmo xeito que o do seu club por fomentar o deporte na nosa localidade, e por situar a Mondoñedo no mapa do deporte de Montaña a través do seu club.
Un millón de grazas.
Nome: Xavier Valoría Esmorís
-Lugar de nacemento: Pasaia Donibane ( Euskadi)
-A mellor proba deportiva: Toxiza Gran Trail
-Un grupo de traballo deportivo: Toxiza Clube de Montaña
-Mellor recordo deportivo: Semifinales provinciais de balonman contra os Franciscanos de Lugo ano 1989. Eu estudaba no colexio Martinez Otero de Foz e aquel dia fixeramos un partidazo no pabillon de Vilalba con chan de terrazo, tiñamos realmente un equipazo , aquel dia xamais o esquencerei
Maior tolería que fixeches polo deporte: Pois foi o dia cando xunto co meu comapeñeiro e bo amigo Xabier Berdeal conseguimos ascender o Canal da Auga en Picos de Europa,cos seus 1800m+ e despois encadear a arista integral de Cabrones a Torrecerredo, feito en estilo alpino,esto significa que debes levar contigo todo o que precises,tenda,hornillo,saco,comida,matrial de escalada etc etc.. Unha actividade que empezamos as2.00h da noite e de maneira ininterrumpida ata as 19.00h .Era un reto que requería moito esforzo fisico,moita tecnica e orientacion, foi unha xornada inolvidable,eso si,acabamos molidos pero moi moi satisfeitos. Son dias que se che quedan gravados para sempre
Un Lugar: Lindin
Unha Peli : Brave Heart
Unha comida: Filete de Xato con patacas fritas
Deportes que practicas: Montañismo,Alpinismo,Senderismo, Ski, ciclismo, btt, corremontes, natacion
Compañeiro de Aventuras deportivas que botas de menos estos dias: Pois ai uns cantos, a Xabier Berdeal, Jorge Doural,Miguel Oubiña,Andres de Vilas, Antonio de Canceleiro, Ivan Marrube, Jose Ron.....con todos eles compartimos horas de monte e bice...
Mellor deportista co que adestraches: Pablo Miguez de Viveiro, un deportista nato super completo, que domina moitas disciplinas,ben sexa escalando en xeo ou en roca, correndo polo monte, na bice etc etc...Fisica como tecnicamente e un fora de serie.
Que exerccios lle recomendas a xente para facer en casa estes dias: Recomendolle un..NOn facer toleadas, que ai algun que vai acabr no hospital. Eu non son preparador fisico nin tampouco entendo, para eso xa ai profesionais os cales te poden aconsellar.Pero como decía antes creo que importante non excedernos, porque polas redes vese peña facendo cousas que nin os profesionais,asique un pouco de sentidiño
Consello que das para levar mellor o confinamento: Creo que habia unha frase de Darwin que decía “ noN son os mais fortes da especie os que sobreviven, nin os mais intelixentes. Sobreviven aqueles mais flexibles e adaptables ós cambios” pois esto e o que temos que facer, adaptarnos o mellor que poidamos a estas circunstancias insolitas e unicas. Entendo que non e nada facil, pero teño claro que o final sairá o sol. Oxlá esto sirva para que dunha vez valoremos de verdade as cousas mais simples da vida, que precisamente nestes tempos tanto botamos de menos.
O primeiro que vas facer según acabe o estado de alarma:
Pois o primeiro ir ver a meus avós e o segúndo ir coa familia (muller e fillos ) a facer parte da ruta da auga que rehabilitamos para o Toxiza Gran Trail, e un tramo duns 5km impresionantes, e despois tirarme ó monte literalmente, porq neste tempo de confinamento a cabeza non para e xa discurrimos mais dunha aventura..