Temos unha nova colaboración nas nosas entrevistas. Tocoulle Miguel Sande delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Moitas grazas por colaborar con nos.
-NOME: Miguel Sande, xornalista e escritor.
-LUGAR DE NACEMENTO: Pastoriza-Arteixo.
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS OU ANTIGO COMPAÑEIRO DEPORTIVO PASADO O QUE BOTAS DE MENOS: Todos aqueles cos que formei equipo de fútbol na mocedade. Están no recordo, son amigos.
-MELLOR ADESTRADOR QUE TiVECHES: Todos, de cada un deles aprendí algo.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: Pois non é ningún título en particular, é mais ben un tempo, o da xuventude no pobo e cos amigos cos que xogaba ao fútbol e formaba pandilla. Ao final sempre se regresa a ese tempo.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Non lembro ningunha tolería como tal.
-UN LUGAR: Dous, Pastoriza, o meu pobo, e Viveiro, onde estou desde van xa 25 anos. Toda A Mariña en xeral foi para min un descobremento.
-UNHA PELI: Teño predilección por aquelas nas que o escenario é o deserto. Por exemplo, “El cielo protector”.
- UNHA CANCIÓN: Vai por épocas; neste momento moitas de Xés. Tamén Sabina, mesmo en determinados momentos Motorhead.
-UNHA COMIDA: Espaguetes con ameixas ao natural e gambas. Sinxela, cócese a pasta e pásanse pola tixola as ameixas e as gambas cun pouco de allo picado. Vérquese a auga das ameixas en conserva e á final tamén os espaguetis na tixola e listo. Nutritiva e rica.
-DEPORTES QUE PRACTICAS: Footing. Vou correr todos os días antes de ir traballar ao xornal. 4-5 quilómetros. Axúdame a pensar e dame serenidade. Vou sempre, en Nadal, fin de año, aninovo, Reís, sempre. A vida é iso, unha carreira de fondo.
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: Eu teletraballo, é unha experiencia nova, facemos todo o xornal así, teletraballando. Tamén escribo para min. Hai que establecer un horario e marcarse tarefas.
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: Eu fago polas mañás estiramentos, pesas, carreira en estático, flexión e bici estática, uns 30-45 minutos antes de poñerme a traballar.