miércoles, 8 de abril de 2020

ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LEVAR MELLOR O ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 33)



Temos unha nova entrevista, a Oscar Gayoso, un dos voluntarios das escolas e compañeiro de traballo. Moitísimas grazas por colaborar con nos como o fas sempre amigo.
NOME: ÓSCAR GAYOSO RUBAL
-LUGAR DE NACEMENTO: Mondoñedo(28-03-1989)
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS: Os colegas de toda a vida e os cativos aos que adestraba.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES: Seguramente Mocas, Luca Toni e Xigu.
-ALGUÉN DO MUNDO DO DEPORTE DO QUE GARDES BO RECORDO: Pois dos compañeiros tanto do Pajax como das Escolas Deportivas.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: Gardo bos recordos de cando xogábamos nestas Escolas Deportivas e perdíamos case sempre, pero o de menos era o resultado e tamén gardo bo recordo cando xogaba co Pajax na liga local de Mondoñedo, xa que eramos bastante mediocres pero gañámoslle un partido aos de Lourenzá.
Como afeccionado e seguidor do mundo deportivo gardo bos recordos de todos os títulos do Deportivo da Coruña e os da selección, especialmente o Mundial 2010, posto o día da final estaba cuns colegas en Malta.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Vir de resaca dende Santiago para xogar co Pajax na liga local para perder coma sempre e xogar co nocello fastidiado durante 5 meses.
-UN LUGAR: Roma e gustaríame visitar lugares onde se produciron grandes batallas ó longo da historia moderna (Normandía, Verdún, Berlín, Volgogrado, Varsovia, as Ardenas,...)
-UNHA PELI: “Vértigo” de Alfred Hitchcock(1958) -UNHA SERIE DE TV: “Breaking Bad” e “Irmáns de Sangre”
- UNHA CANCIÓN: “Come as you are” Nirvana(1991)
-UNHA COMIDA: Lentellas e toda a pasta. -UN POSTRE: Natillas de chocolate ou crema catalá.
-DEPORTES QUE PRACTICAS A MAIORES DO FÚTBOL E FÚTBOL-SALA: Tenis, baloncesto, ping-pong, ...
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: Non facer caso das “fake news” que publican certos medios de ultradereita e empezar a ver ou ler algunha película, serie ou libro que tiveras pendiente.
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: Pasear ao can se o ten ou ximnasia de mantemento xa que non se necesita moito espazo.
QUE VAI A SER O PRIMEIRO QUE VAS A FACER CANDO NOS LEVANTEN O CONFINAMIENTO?: Facer unhas xestións pendestes e ir con coidado evitando o contacto e as aglomeracións.