ADESTRAMENTO ESPECIAL DE ATLETISMO


A Asociación Deportiva Salto do Coro organiza o próximo día 2 de decembro de 11:00 a 12:30 da mañá unha xornada especial de atletismo cos alumnos das escolas e aqueles que queiran participar nas mesma onde participará Pablo Gandoy Lopez, adestrador do Lucus de Lugo. As escolas de Atletismo, adestradas por Raúl, David e Nerea, fano os días martes e xoves de 18:00 a 19:30; e os venres de 16:30 a 17:30. Estas xornadas de tecnificación seguirán no tempo con máis visitas e adestramentos especiais coa intención de consolidalas e sumar máis alumnos ás escolas os sábados polas mañás, e así achegando novas experiencias aos nosos alumnos. Os alumnos empezarán a competir en xaneiro en campo a través na zona da Terra Chá nas distintas categorías. A Asociación colaborará co CEIP AQUILINO IGREXA ALVARIÑO de Abadín no fomento do atletismo, e colaborará para que participen nas distintas probas do deporte escolar.