ZONAL DE BÁDMINTON EN MONDOÑEDO

A Asociación Salto do Coro, coa colaboración de INGETEAM, organizou onte a proba zonal de bádminton en Mondoñedo.

Un total de 14 alumnos das escolas participaron nesta proba durante toda a mañá con alumnos das escolas de Pastoriza, Vilalba e Monfero.

Destacamos os resultados en benjamín masculino co primeiro posto de Antón Fernández Aguiar, o segundo posto de Xabier Pérez Cabanas, e o terceiro posto de Diego López Rivas en categoría benjamín masculina (cunha participación de quince deportistas nesta categoría); o primeiro posto de Noa en Prebenjamines; o primeiro posto de Kiara en benjamín feminino; o primeiro posto de Adrían, e o segundo de Ricardo Casabella a categoría cadete masculina.

Acudiron á entrega de medallas Manolo Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Manuel Tapia, concelleiro de deportes do Concello de Mondoñedo; e Susana Aguiar, responsable do bádminton na Asociación deportiva Salto do Coro.

O día 23 Mondoñedo acollerá o provincial de bádminton.