PANADERÍA BOUSO SALTO DO CORO O GALEGO A TOMIÑO

O equipo Panadería Bouso Salto do Coro clasifica aos seus tres compoñentes para o Galego de Dúatlon, do programa Xogade, o día 13 de maio en Tomiño.

Na proba de onte do provincial, celebrado en Vilalba, conseguimos o primeiro posto de Jorge Doural Díaz na categoría benjamín masculino, o primeiro posto de Marta Rivas Cabanas en categoría benjamín feminino, proclamándose os dous campións provinciais. Superaron aos seus dous rivais nas probas clasificatorias nun gran final por parte dos dous  atletas do club mindoniense. 

Agora tócanos cos tres atletas preparar a proba do galego, co resto de compoñentes das escolas deportivas da sección de dúatlon.

Pola súa banda Pablo conseguiu un sexto posto que lle dá o billete para o galego.

A Asociación Salto do Coro agradece a colaboración nesta sección de Panadería Bouso.