PRESENTACIÓN DUATLÓN DE MONDOÑEDO

Hoxe, realizouse a presentación do Terceiro Dúatlon escolar Cidade de Mondoñedo, puntuable para o provincial que se celebrará este domingo día 3 de abril tendo como marco principal a Praza da Catedral de Mondoñedo.







Á presentación acudiron Manolo Cadramón, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Francisco Villanueva, presidente da Federación Galega de Tríatlon; Manuel Tapia, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo; José Otero Rejes xefe de Protección Civil de Mondoñedo; Jose Luís González Ledo, membro da Asociación deportiva Salto do Coro; e Paco Domenech, voluntario de Protección Civil de Mondoñedo.

As carreiras comezarán ás 11 horas e as distancias irán en función da idade dos participantes: 500 metros de carreira a pé, 2 kilómetros en bicicleta e outros 250 metros de carreira a pé, para os benxamines; 1 kilómetro, 4 kilómetros e 500 metros, para os alevíns; 1,5 kilómetros, 6 kilómetros e 750 metros, para os infantís; e 2 kilómetros, 8 kilómetros e 1 kilómetro, para os cadetes.

Espéranse uns oitenta participantes na devandita proba.