DEPORTE E LETRAS GALEGAS

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo colabora co colexio na carreira Das letras Galegas que será o 15 de maio ás 11 da mañá no colexio para todos os cursos.
Teremos trofeos para o primeiro clasificado de cada clase e diploma para os dous seguintes.
De igual forma realizaremos xogos de baloncesto coa colaboración das alumnas das escolas de baloncesto.