martes, 6 de noviembre de 2007

PRIMEIRA DERROTA DO MONDOÑEDO (artículo sacado da páxina mindoniense.com)

Un descoñecido Mondoñedo F.C. colleitou a súa primeira derrota da tempada na súa visita ó campo do Rioaveso. O resultado final de 4-2 é algo abultado, xa que ainda que os mindonienses tiveron moi lonxe do seu nivel habitual, as ocasións mais claras foron súas. O partido comezou se forma distinta ós últimos partidos, xa que o noso equipo era incapaz de levar o control e de despregar o seu xogo. Pola súa parte, os locais facían do xogo duro en defensa e dos balóns en longo hacia os seus homes de banda a súa millor arma.

Pero paradóxicamente foi o Mondoñedo o que tivo a primeira gran oportunidade do partido. Un claro penalti cometido sobre Borja era executado por Chopa pero sen fortuna, xa que o seu lanzamento foi detido polo meta local Alberto. E case a continuación, no minuto 20, unha falta cometida na frontal da área mindoniense convertíase na orixe do primeiro gol do Rioaveso. O encargado de executala era Fran, que de forma directa e por enriba da barreira, subía o 1-0 ó marcador. Case dez minutos despois, o Mondoñedo conseguía o empate por mediación de Borja. Foi despois dunha das poucas xogadas elaboradas que fixo o Mondoñedo no partido. Con pouco mais reseñable chegábase ó descanso.

A segunda metade comezou de forma distinta á primeira. O Mondoñedo parecía saír con aires renovados e desta forma intentou levar por fin o peso do partido. Pero foi todo un espellismo. Ós 15 minutos da reanudación, unha xogada pola dereita do ataque local rematou cun balón á área de Roberto que Javi encargábase de meter na portería visitante. Era o 2-1. No minuto 25, eran os mindonienses os encargados de mover de novo o marcador. Nesta ocasión Noly, nunha espléndida vaselina empataba o encontro de novo, 2-2. Neste momento os equipo de Hermelino parecía volverse a meter de cheo no partido, pero unha xogada desafortunada nun saque de falta a favor do Mondoeñdo, convertíase no 3-2 para o Rioaveso.

Corría o minuto 35 e o autor foi Félix. Este gol acabou xa coas esperanzas mindonienses que intentaron volver a empatar o partido, pero xa sen crear ningunha ocasión clara. O 4-2 definitivo prodúxose a 5 minutos para o final logo doutra falta directa de Fran. Desta forma, o Mondoñedo F.C. perde a súa condición de invicto e supón un revés nas súas aspiracións ós postos altos da clasificación.

De todos xeitos, os demais resultados da xornada fan que o noso equipo só perda algún posto (comezaba o día como 3º) pero non puntos respecto ós dous primeiros clasificados. Agora, o próximo partido é o domingo no Viñas da Veiga nun apaixoante derbi ante o Lourenzá, líder da categoría.


Aliñacións do partido:

S.D. Rioaveso: Alberto; Juan, Julio, Lozano, Lucas; Félix, Michi, Freire, Fran, Javi e Piti. Tamén xogaron César e J. Antonio.

Mondoñedo F.C.: Roberto; Irra, Lori, Miguel, Zalo; Pico, Juan, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Jesús, Bibi, Lucas e Fabian.