lunes, 1 de octubre de 2007

PRIMEIRA VICTORIA DO MONDOÑEDO F.C. NA LIGA (documento sacado da páxina MINDONIENSE.COM)

Partido entretido o visto no Viñas da Veiga, sobre todo polos goles do equipo local.
Moitas esperanzas tiña postas o noso equipo para este partido. Por un lado, o mal comezo da S.D. Pol nesta tempada, e por outro as gañas de brindarlle un triunfo a afección que tan ben respostou facéndose socia e tamén á hora de acudir ó municipal mindoniense. Dominio local na primeira metade, pero non como nas dúas anteriores xornadas, xa que parecía faltar un último pase que creara a ocasión ante a portería contraria, ademais, os visitantes parecían ter máis clara a forma de afrontar o partido e de chegar con perigo á portería defendida por Roberto. Algunha boa xogada trenzada no medio do campo acabadas con disparos de Zalo e Borja foi o mais resañable do Mondoñedo ata o minuto 35.

Foi neste momento cando cambiou o signo do partido. Unha falta ensaiada executada por Karro e con rexeite do porteiro convertiuse no primeiro gol do partido. E como non, o mais listo nos rexeites foi Noly que facía subir o 1 a 0 no marcador. E con pouco máis que destacar chegabase ó descanso. Xa na segunda metade o dominio foi caendo do lado local, non como noutras veces, pero desta vez a efectividade ante o marco contrario desequilibrou a balanza a favor do cadro de Hermelino. Corría o minuto 8 da reanudación, cando unha boa xogada de equipo rematou cunha asistencia de Noly que deixou o balón en bandexa para que Borja marcara o segundo do Mondoñedo. E a partir de aí, un pouco por desanimo do Pol, e outro pouco por motivación local ante o seu público, fixo que o resto do partido fose totalmente a favor dos mindonienses. O terceiro gol foi obra de Chopa a porta vacía tras asistencia de Juan. Era o 15 da segunda parte. E case cinco minutos despois, no 21 da segunda metade e tras un barullo na área, un disparo de Juan significaba o 4-0 no marcador. O último gol do partido foi obra do que abriu o marcador, Noly, que demostrou a súa calidade nun man a man con Mario, que nada puido facer ante a calidade do xogador mindoniense. Quedaban 17 minutos para acabar o partido no momento do gol, pero xa todo estaba visto para sentencia. De aquí ó final, pouco mais reseñable xa que tanto uns coma outros esperaban o final do partido.

Aliñacións do partido:

Mondoñedo F.C.: Roberto; Irra, Lori, Miguel, Narciso; Pico, Zalo, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Juan, Jesús, Martín e Fabián.

S.D. Pol: Mario; Pablo, Folgueira, Iago, Hugo; Diego, Castañal, Muíña, Javier, Vingolea e Rubén. Tamén xogaron Penelas e Alonso.