Partido duro o disputado na tarde do sábado no campo do Cervo-Sargadelos. A calor e o cansancio das festas pasaron factura ó noso equipo, que ainda así ben puido traer os tres puntos para a cidade episcopal. A primeira parte comezou cun tanteo entre os equipos, onde naide parecía querer ensinar as súas cartas. Pero pouco a pouco o Mondoñedo intentou impoñer o seu estilo, ainda que en ningún momento chegou a dominar o encontro.
Pola súa banda, o S.D. Cervo tiña nos balóns en longo á espalda da nosa defensa a súa millor arma, axudado polos homes de banda buscando entrar pero sen crear excesivo perigo. Só podemos destacar algunha xogada embarullada como ocasión de gol.
Na segunda metade o guión cambiou, xa que depois dun saque de banda e dunha boa combinación, Karro facía o 0-1 dun explendido disparo axustado ó pau da meta cervense. Era o minuto 5. Desde aquí, o Mondoñedo dominou o partido, pero só por uns minutos mentres aguantou fisicamente. Durante a última media hora de partido o Cervo empuxou colgando balóns buscando ó seu dianteiro Balbino, facendo tarballar intensamente á defensa mindoniense que co paso do tempo cansábase mais.
Paradóxicamente, as dúas grandes ocasións deste periodo foron para o Mondoñedo, nun man a man de Borja ante o porteiro e nunha boa xogada de Jesús que Fabian, a portería vacía, non atinou a marcar. E para degracia dos homes de Hermelino, un centro desde a banda esquerda daba na man de Carlos. O árbitro non o dubidou e sinalou penalti. O encargado de transformalo foi Mon. Xa estabamos no 90, polo que só co desconto por diante o partido non deu para mais.
O Mondoñedo F.C. sigue invicto nesta liga, ainda que tras o partido as caras eran de frustración por deixar dous puntos no último minuto e de penalti. Agora o próximo partido é contra o Pastoricense en Mondoñedo.
Aliñacións do partido:
S.D. Cervo: Ratoeira; Carlos, Simón, Basanta, Carballeira; David, Marcos, Cayón, Balbino, Félix e Diego. Tamén xogaron Mon e René.
Mondoñedo F.C.: Roberto; Irra, Lori, Miguel, Carlos; Zalo, Juan, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Fabian e Jesús.