O Mondoñedo F.C. empezou a pretempada como vimos anunciando neste blog. Con novas incorporacións no seu equipo ó igual que na directiva, o Mondoñedo inicia esta nova campaña con moita ilusión nun proxecto no que prima a xuventude e a xente de Mondoñedo.
Un ano máis, Hermelino senta á fronte do banco do equipo da nosa CIDADE, intentando como sempre colaborar co fútbol mindoniense.
A directiva está este ano a buscar socios. Por un módico prezo de 20 € podes ver todos os partidos de casa e así colaborar co deporte mindoniense.
O fútbol ten que consolidarse en Mondoñedo cá axuda de todos.