ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA PASAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 22)



Hoxe empezamos xa cunha nova colaboración coa Delegación. Colabora con esta entrevista alguén que adora Mondoñedo, un bo amigo.
Grazas Palacios por colaborar connosco.
-NOME: José María Palacios Muruais.
-LUGAR DE NACEMENTO: Mondoñedo.

-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS OU ANTIGO COMPAÑEIRO DEPORTIVO PASADO O QUE BOTAS DE MENOS: Estes días boto de menos a relación habitual coa xente en xeral.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES OU XOGACHES : Santiago Fraga Cornide, que foi compañeiro meu de curso no instituto.
-MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE: Meana, que era profesor no instituto (a súa asignatura, creo, era historia) e adestraba en baloncesto.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: A satisfacción de ter practicado deporte.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Un día de algo de temporal saín correr, e ao pasar por Viñas da Veiga foise a luz. Era xa case de noite. Menos mal que volveu axiña.

-UN LUGAR: Mondoñedo.
-UNHA PELI:
- UNHA CANCIÓN: "Have you ever seen the rain?"
-UNHA COMIDA: Depende da época do ano, pero en xeral gústanme moitas.

-DEPORTES QUE PRACTICAS: Vou correr ás veces; outras veces vou andar; ás veces combino unha cousa e outra. Fago algo de ximnasia tamén.
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: Pensar que cada vez falta menos.
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: Algunhas flexións, subir e baixar escaleiras se poden, saltar á corda.
Grazas Palacios pola colaboración.

"Sempre Fortes!!"