ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LLEVAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 21)


Temos unha nova entrevista, esta vez de Agustín, o profe de Ximnasia do Colexio.
Moitas grazas amigo pola colaboración.

NOME: Agustín Pérez Lago
LUGAR DE NACEMENTO: Lugo

COMPAÑEIROS DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTES DÍAS: Pois boto de menos o deporte en xeral e a todas as persoas coas que comparto este pasatempo, tanto sexa compañeiros de fútbol, de padel, compañeiros cos que saio a correr, etc.

MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHE: O deporte máis presente na miña vida principalmente foi o fútbol pero sempre a un nivel modesto, non cheguei a compartir adestramento con ningún deportista de alto nivel. Quizais o máis salientable poden ser algúns compañeiros cos que compartín equipo e chegaron a xogar na 3º división de fútbol.

MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE: De todos os adestradores que tiven aprendín e recollín experiencias positivas pero neste caso ningún chegou a ser especial.

MELLOR RECORDO DEPORTIVO: gardo unha gran nostalxia por aqueles tempos xogando cos meus amigos na pista do colexio. Tamén me encantaban os adestramentos con calquera dos equipos nos que xoguei, de feito sempre me gustaron máis os adestramentos que os partidos, era un ambiente máis distendido onde o deporte para min estaba máis relacionado coa diversión e non tan encorsetado pola competición. A nivel de competición o mellor recordo é a copa deputación que gañamos coa S.C.D Milagrosa en xuvenís, foi especial porque ademais de gañar tamén marquei un gol que non era, para nada, habitual en min.

MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: A maior tolería foi xogar un partido de 2ª rexional medio lesionado, precisábamos gañar para manter a categoría e faltaba xente. A miña lesión era do xeonllo dereito, tiven que xogar cunha xeonlleira e só lle podía golpear o balón coa perna esquerda.

UN LUGAR: San Miguel de Reinante (Barreiros)

UNHA PELI: Gladiator

UNHA CANCIÓN: O mundo está parado (Guadi Galego)

UNHA COMIDA: Tortilla de patacas

DEPORTES QUE PRACTICAS: Fútbol, padel, correr e algo de tenis.

CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMENTO: pois é un bo momento para iniciarse a facer algo para o que nunca puideche sacar tempo. Por exemplo facer unha receita de cociña, aprender a debuxar, ler un libro que che recomendaron, etc.

QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER NA CASA ESTES DÍAS: Hoxe en día co acceso a internet temos miles de recursos, páxinas, adestradores, monitores, etc, que suben os seus vídeos e rutinas para facer na casa. Eu recomendarían que seguiran a calquera persoa pero coa premisa que sexa un profesional da materia, é quen mellor nos pode dirixir e aconsellar segundo a nosa capacidade e posibilidades.

Moitisimas grazas profe.
"Sempre Fortes!"