ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LLEVAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 20)


Hoxe temos como última entrevista do día a Modesto. Un millón de grazas "mestre", grazas por colaborar connosco.
Deixámosvos a entrevista:

Nome: Modesto Díaz García.
Lugar de nacemento: Mondoñedo.
Compañeiro de Aventuras deportivas o que botas de menos estes días: as zapatillas e as rutas de sendeirismo.
Mellor deportista có que adestraches: Hermelino. Fai anos adestrábamos no instituto e iamos a correr.
Alguén do mundo do deporte do que gardes bo recordo: Angel Nieto e Santillana.
Mellor recordo deportivo: cando España foi campiona do Mundo.
Maior tolería que fixeches polo deporte: Conseguir camiñar no día 41 km con 64 anos.
Un lugar: Camiño Natural da Ruta do Cantábrico desde Ribadeo a Ría de Ortigueira.
Unha película: unha de vaqueros.
Unha canción: "América" de Nino Bravo.
Unha comida: cordeiro ou una mariscada.
Deportes que practicas: sendeirismo.
Consello que das para levar mellor o confinamento: eu non son a persoa ideal para dar consellos, debido a que teño moitos problemas con estar encerrado. Pero procuro estar moi ocupado, para que a miña cabeza no sufra.
Que exercicios lles recomendas a xente para facer en casa estes días: como comentaba non son bo dando consellos . Eu fago bicicleta estática no piso e paseo e no tendeiro. Outra opción e facer ximnasia como fai a miña muller.
Grazas Modesto, sempre sempre é un pracer contar contigo.
Sempre fortes!"