ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LLEVAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 19)



Hoxe temos unha nova entrevista con Manolo Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes. Un millón de grazas pola túa colaboración e pola túa atención sempre coa Delegación e con Mondoñedo. É un pracer.
-NOME: Manuel Otero Méndez “MANOLO CADRAMÓN”
-LUGAR DE NACEMENTO: San Pedro de Benquerencia, 1968
- CÓNTANOS UN POUCO O TEU HISTORIAL DEPORTIVO (EQUIPOS POLOS QUE PASACHES, E QUE ROL TIÑAS NOS MESMOS), E A TÚA VINCULACIÓN CO DEPORTE HOXE EN DÍA:
Iberia CF (xogador), Humel-Waldo Sport (xogador), Capón y Fernández (xogador), Cadramón Lux F.S .(xogador, adestrador, presidente), Concello Trabada F.S. (xogador, adestrador), Barreiros Catedrais F.S. (xogador, adestrador, directivo), Superti A Pontenova (adestrador), Azkar Lugo F.S. (adestrador “B”, segundo adestrador “Honor”, delegado), Selección Galega (delegado), Selección Nacional Libia (segundo adestrador).
Como podedes ver, fun xogador, dirixente, adestrador, segundo adestrador e delegado, empezando nas categorías locais, dando despois o salto á competición Nacional das mans dun equipo de Mondoñedo, o Humel-Waldo Sport, ata chegar a estar seis tempadas vinculado ó corpo técnico do Azkar Lugo F.S. en División de Honor (mellor liga do mundo), estar no corpo técnico da Selección Galega Absoluta de Fútbol Sala ou chegar a ser, xunto con Pablo Prieto, os primeiros Galegos da historia en participar nun Mundial de Fútsal, no noso caso foi coa S.N. Libia no Mundial Tailandia 2012.
Escribín o libro “25 años de fútbol sala, de viernes a viernes” en formato de texto e en formato dixital.
Actualmente son o Xefe de Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo.
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS:
A meu irmán Pepe có que ultimamente acostumaba a xogar tres veces á semana ó pádel, estos días ESTAMOS NA CASA.
,
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES:
Tiven a sorte de adestrar con varios Campións do Mundo e moitos Internacionais de varios países, polo seu traballo e profesionalidade quedaría con Alberto Riquer pero si tivéramos que falar de calidade, non me gustaría esquecerme de Adri, Marcelo, Fernandiño ou Rahoma (capitán da S.N. Libia e mellor xogador africano naquel momento)
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO:
O día 1 novembro 2012, momento no que xogamos o primeiro partido da Selección Nacional de Libia contra S.N. Portugal no Mundial de Tailandia, creo que chegar a disputar un Mundial é o mais grande que che pode pasar. Recordo que ese día ás 00:00 dende Korat (sede de concentración da primeira fase), falando á miña casa coa familia por skype, estiven sobre media hora chorando da emoción.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE:
Decidir marcharme un día antes para Sudáfrica, voando de Santiago-Madrid-Frankfurt-Johannesburgo durante moitas horas para ver o Mundial onde España se proclamou Campioa do Mundo. Unha vez cheguei á capital de Sudáfrica, collín unha furgoneta durante 8 horas para chegar a Durban onde España xogaba a semifinal contra Alemania, rematado o partido e outras 8 horas de volta para a capital. Varios días despois, tras facer un safari fotográfico polo Kruger, disfrutei moitísimo da final, con unha Shakira en directo, con Nelson Mandela no medio do Estadio, con centos de bubucelas e cunha impresionante Selección Española que nos fixo felices de por vida.
Dous días despois, en vez de voltar para España, fun dende Johannesburgo para Trípoli, oito días para a capital de Libia, invitado pola familia Gadafi, para dar una charla a técnicos africanos.
Digo o de TOLERÍA pola decisión de última hora, moitas horas de viaxes, moitísimos días e moi lonxe, Mundial Fútbol, Charla en Libia……..unha gran aventura.
-UN LUGAR:
Na miña terra, San Pedro de Benquerencia como ten que ser. Si teño que escoller algún lugar dos que máis me gustou nas viaxes que fixen, vou a quedar coa India e Nepal.
-UNHA PELI:
Diamante de sangre
-UNHA CANCIÓN:
Piratas del caribe. Os anos que estiven en División de Honor con Azkar Lugo F.S. era a canción que poñía sempre o noso speaker Jacobo cando os equipos saltaban ó Municipal. Moi impactante, cando a escoito e recordo eses momentos aínda se me poñen os pelos de punta.
-UNHA COMIDA:
Calquera comida sempre que non leve queixo, os percebes, por exemplo, non levan. jjjjj. Son de moi bo dente.
-DEPORTES QUE PRACTICAS:
Pádel, squash, moito paseo, algo de bicicleta e algo de pesca na época estival. Para a sorpresa de moitos agora non practico fútbol sala xa fai tempo.
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO:
As series de exercicios físicos sempre se fan mellor contando de máis a menos que non sumando de forma ascendente, parece que se acaban antes. Neste caso, o mesmo, cada día que remata teño que pensar sempre que queda un día menos e cada sete día pensar que xa nos queda unha semana menos.
Organizar horarios, programar actividades variadas de deporte, cultura ou gastronómicas, gozar da familia con hábitos saudables e non saturarnos de televisión, videoxogos, internet…..
-QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS:
Terían que ser sempre os axeitados para a idade, condición física e ,algo moi importante, o espazo e o material dispoñible. Cando menos, todo o mundo pode poñer algo de música e facer simulacións de zumba, pilates, táboas variadas de exercicios, ciclostatic…… Estes días temos montóns de aplicacións e programas de actividade física para facer nas casas e ás que nos podemos conectar sen problema dado que son gratis.
E moi importante poder disfrutar destas actividades físicas coa túa familia, seguro que se apuntan todos e así vai a sernos máis fácil QUEDAR NA CASA.
Moitísimas grazas Manolo, é un pracer terche sempre para o que che necesitamos, grazas por colaborar coas nosas entrevistas.
"Sempre Fortes!"