Temos unha nova enquisa que sacamos hoxe e que iremos mellorando, para tentar coñecer a xente relacionada co deporte e os seus sitios favoritos. Iremos mellorando as entrevistas.
A primeira entrevista para coñecer sitios sen saír de casa fixémoslla a Gonzalo Villarmea Carreiras.
Deixámosvola coas fotos dos seus sitios favoritos:
NOME: Gonzalo
- DE ONDE ERES?: Mondoñedo
- UN LUGAR PARA VISITAR NA TÚA LOCALIDADE ONDE POIDAS PRACTICAR DEPORTE E PARA TI SEXA ESPECIAL: Cintolo
- O TEU SITIO FAVORITO PARA VISITAR NA TÚA LOCALIDADE SEN ESTAR RELACIONADO CO DEPORTE: A praza da Catedral
- DE ONDE É A FOTO QUE NOS MANDAS? Cintolo
- QUE PROBA DEPORTIVA Ou DEPORTE FAISE NESTE SITIO QUE NOS POIDAS RECOMENDAR? Espeleoloxía
- QUE COUSAS RECOMÉNDASNOS DESTE LUGAR A MAIORES DA PROBA DEPORTIVA? O silencio
-UN COMPAÑEIRO DE VIAXE PARA IR A ESTE LUGAR: Buf, varios
- CAL É A TÚA RELACIÓN CO DEPORTE HOXE EN DÍA? Traballo
- O PRIMEIRO QUE VAS A FACER AO SAÍR DO ESTADO DE ALARMA SERÁ: Dar un paseo.
Foto do lugar que me marcou, Fonsagrada. Ten algo que me fai sentir a gusto
Moitas Grazas Gonzalo. Sempre fortes amigos!!