COÑECEMOS SITIOS EN PLENO ESTADO DE ALARMA A TRAVÉS DOS OLLOS DE XENTE RELACIONADA CO DEPORTE.

Temos unha nova entrevista para coñecer sitios novos a través dos ollos de xente relacionada co deporte. Agradecemos a Suso a súa colaboración, como sempre, axudando con todo e a todos.
Moitísimas grazas Suso.

NOME:
Jesús Vázquez Tallón, mestre de Educación Primaria e Educación Física, Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Adestrador Nacional de Fútbol, entre outras cousas jajaj.
- DE ONDE ERES?:
De Lugo
- UN LUGAR PARA VISITAR NA TÚA LOCALIDADE ONDE POIDAS PRACTICAR DEPORTE E PARA TI SEXA ESPECIAL:
A zona do paseo do Rato, un lugar ideal para pasear tranquilamente, para facer deporte, para tomar algo ou para xogar cos máis pequenos, o que eu defino como natureza en estado puro.



- O TEU SITIO FAVORITO PARA VISITAR NA TÚA LOCALIDADE SEN ESTAR RELACIONADO CO DEPORTE:
A Muralla, especialmente desconectar por ela no anoitecer, un entorno idílico e no que se pode disfrutar dos encantos da nosa cidade. Somos moi afortunados de poder disfrutar dela no noso día a día.



- DE ONDE É A FOTO QUE NOS MANDAS?
A foto é da Muralla de Lugo, un marco incomparable para poder disfrutar do espectáculo de diferentes actividades deportivas que se poden desenvolver arredor nela ou incluso por ela. As vistas son únicas.
- QUE PROBA DEPORTIVA Ou DEPORTE FAISE NESTE SITIO QUE NOS POIDAS RECOMENDAR?
No entorno da Muralla, tanto nela como arredor da mesma pódense desenvolver diferentes actividades deportivas, unha delas a Media Maratón de Lugo que na súa próxima edición estará homologada e entrará no calendario nacional, o que lle dará un forte impulso á proba.
- QUE COUSAS RECOMÉNDASNOS DESTE LUGAR A MAIORES DA PROBA DEPORTIVA?
Tanto no adarve da Muralla como no casco histórico da nosa cidade, podemos disfrutar do encanto da nosa xente, da riqueza histórica, cultural, patrimonial, social e turística de Lugo. Que máis podemos pedir?
-UN COMPAÑEIRO DE VIAXE PARA IR A ESTE LUGAR:
A este e a outros lugares, pódese ir sempre en moi boa compañía, a desconectar e disfrutar, pode ser dende alguén no ámbito máis profesional ou no máis persoal.

- CAL É A TÚA RELACIÓN CO DEPORTE HOXE EN DÍA?
No día de hoxe estou en dúas liñas, por un lado son Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo , coa que estiven por exemplo no 2019 nunhas 95 actividades, dende visitas a diferentes concellos, xuntanzas de carácter institucional coas Deputacións, asistencia a campionatos galegos, a Copas Deputación, a carreiras en ruta, galas, mesas redondas, presentacións, asambleas, comisións, xuntanzas de traballo, etc... Por outro lado tamén son o Seleccionador Provincial de Fútbol de Seleccións Femininas coas que estamos tentando dar pasos adiante pouco a pouco no bo desenvolvemento e crecemento do Fútbol Feminino na nosa provincia. A verdade non paro, e algo que a moitos lles costa crer, é que evidentemente estou como mestre cada día.

- O PRIMEIRO QUE VAS A FACER AO SAÍR DO ESTADO DE ALARMA SERÁ:
Pois o primeiro que farei será poñer en valor moitas cousas do día a día e prepararme para novas situacións e oportunidades que se nos presentarán na vida e tamén algo moi imporante, tentarei baixar o meu ritmo de actividade e desfrutar un pouco máis.


Finalmente, gustaríame felicitarvos á Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo, sempre en permanente actividade, dinamizando e creando novas cousas. A miña máis sincera noraboa.