ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA PASAR MELLOR O ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 16)

La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie, calzado, planta, pantalones, exterior y naturaleza


Imos ter unha terceira entrevista hoxe cun amigo de Mondoñedo (xornalista dá galega). Moitísimas grazas Bernardo, é un pracer.

-NOME: Bernardo Montaña Costas
-LUGAR DE NACEMENTO: Baiona

-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS:
A moitas e moitos! Por proximidade, ao meu adestrador que vive o monte coma min. Pero tamén a Brea, Nati, Ana, Aitana e demais traileros cos que adoito correr por monte en Compostela.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES:
Daniel Campanero, un lobo da larga distancia. Por sensatez, coñecemento e boa planificación á hora de marcar unha rutina de adestramento.
-MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE:
Amais do actual, eu penso que Nico. Un baionés entregado ao deporte que foi o meu monitor de badminton en 1994, e 20 anos despois volvimos coincidir en pilates (máis que recomendable para as doenzas lumbares)
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO:
Moitos en xeral e ningún en particular. Rematar sen lesión e disfrutando calquera proba xa deixa bo recordo. Sobre todo se é dura e a gozas de verdade. Os trails que se organizan en Quiroga, Ribeira Sacra, Arteixo ou Oia aseguran sempre bos recordos. Por poñer algún exemplo.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE:
Presentar un programa de televisión en Ponteareas un sábado ata as 20.00 do serán, saír a lume de carozo cara Lavacolla, coller un avión a Madrid e erguerme ás 06.00 a.m. para correr na serra de Guadalix unha carreira de obstáculos (unha Spartan Race).Eran tempos, agora son moi consciente da importancia do descanso. E non o volvería facer.

-UN LUGAR:
O miradoiro do Cortelliño, na baionesa serra da Groba.
-UNHA PELI:
Celda 211, sempre
- UNHA CANCIÓN:
Fix you, de Coldplay. Ou sr Xorda, de Caxade
-UNHA COMIDA:
Os canelóns da miña nai. De carne. E coa masa caseira, eh!

-DEPORTES QUE PRACTICAS:
TrailRunning e todo o que conleve a súa preparación: ciclismo a nivel amateur, adestramento funcional con forza, core e demais ou algo de natación sobre todo en mar.
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO:
Evitar a sobreinformación, sobre todo para non caer en falsas informacións. Quedar na casa con tranquilidade, a non ser que sexa estritamente necesario. Marcarse unhas rutinas tamén axuda e manter a cabeza ocupada: lendo, aproveitando para facer algún curso, empapándose de cultura. Sobre todo, mantendo sempre a comunicación cos nosos que sempre achega calma nunha situación tan difícil.
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS:
Guiarse só por quen sabe. Os que non sabemos non somos coñecedores do deporte polo feito de estar confinados. Non arriscar con innovar, xa que non é momento de lesións. Tampouco hai que sobreadestrar. Se o noso corpo está afeito a unha hora diaria, non deberiamos excedernos só polo feito de ter máis tempo. Eu creo que me poría en contacto con quen teña coñecemento, porque é posible organizar unha rutina sen material, mesmo ás veces co que teñamos en casa, e tamén é posible facelo nun ático de 40 metros cadrados. Todo con tal de manter a actividade física diaria. O deporte axuda moito a desconectar. Ánimo! Estamos xuntos nisto.


Moitísimas grazas amigo. Sabes que tes aquí a túa casa, e que sempre sempre serás ben recibido.
Como dicimos: "Sempre Fortes!"