ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LLEVAR MEJOR EL ESTADO DE ALERTA (CAPÍTULO 17)



Iniciamos o día coa colaboración noutra das nosas entrevistas de Angel Marful Castañal, un tío tan grande como bonachón. Sendo tan grande, o lóxico é que a súa entrevista se base no baloncesto.
Aquí déixovos a súa colaboración.

-NOME: Ángel José Marful Castañal
-LUGAR DE NACEMENTO: Mondoñedo 16/10/65

-DO TEU HISTORIAL DEPORTIVO xoguei o baloncesto en electricidad Alfonso de Mondoñedo, nos Celtas de Foz e despois nun equipo no que iamos xogar unha liga a Xove. Despois Fun adestrador do Mondoñedo C.B
DALGÚN DOS TEUS COMPAÑEIROS DE AVENTURAS, Gelis era un crack como compañero de equipo. A QUEN BOTAS DE MENOS ESTES DÍAS "DE CLAUSURA"? A tod@s meus amigos. Desexo que esto remate axiña para poder darlles un abrazo.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES: Con Nacho ex xogador do Compos
-MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE: José María ex director do Banco Santander de Mondoñedo.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: Cando lle gañamos os celtas de Foz Juniors o Breogán por 33 puntos. Eu anotei 28
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Xogar un partido co menisco roto

-UN LUGAR: Roma
-UNHA PELI: Templario
- UNHA CANCIÓN: Thunderstruck de AC/DC
-UNHA COMIDA: Un bon Churrasco

-DEPORTES OU ACTIVIDADE FÍSICA QUE PRACTICAS: polos meus problemas ahora adicome a andar
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: Sempre hai algunha cousa que facer pola cada se eres un pouco manitas eu estos días tiven cambiando uns azulexos do baño
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: Eso cada un coas súas capacidades e espazo do que dispoñan na casa. Eu por Masma saio a pasear co can case todos os dias uns 3 km o redor da casa.
Moitísimas grazas Señor. Unha aperta.
¡sempre Fortes!