PRESENTACIÓN DO DUATLÓN EN MONDOÑEDO

Hoxe realizouse en Mondoñedo a presentación da proba clasificatoria para o provincial de Dúatlon escolar que se organiza en Mondoñedo o día 4 de marzo a partir das 11 da mañá tendo como marco incomparable para as saídas e as chegadas para a proba a Praza a Catedral.

Asistiron á Presentación a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia, o xefe do Servizo provincial de Deportes, Manolo Cadramón; o concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo Manuel Tapia; o presidente do club Tripenta de Lugo Jose Luís Méndez; representando ao Salto do Coro estiveron Beatriz Cabanas e Candi Díaz; Paco Domenech como responsable de Protección Civil; e Raúl González-Redondo Ares, técnico de Deportes do Concello de Mondoñedo.

Destacouse a colaboración na proba do Club Enduro de Mondoñedo, o Club Ciclista de Viveiro, do Rei dás Tortas de Mondoñedo; de Ingapan.

O regulamento do Duatlón é o seguinte:

REGULAMENTO

Organiza:
A.D. Tri-penta Terras de Lugo
Federación Galega de Triatlón
Persoa de contacto: José Antonio Blanco Vila
Teléfono: 660854463
Francisco Villanueva
Teléfono: 677229408

Patrocina:
Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia
Fundación Deporte Galego

Colabora:
Concello de Mondoñedo
A.D. Salto do Coro

Participantes previstos: 65

Data e horario da carreira:
Sábado 4 de marzo de 2017
Saída categoría benxamín ás 11:00 h
Saída categoría alevín ás 11:25 h
Saída categoría infantil ás 12:00 h
Saída categoría cadete ás 12:50 h
Hora de remate das probas ás 13:45 h
Entrega de premios as 14:00 h

Distancias:
Categoría benxamín: 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250 m de carreira a pé
Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500 m de carreira a pé
Categoría infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé
Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé

Saída, transición e meta:
Praza da Catedral

Recollida de dorsais:
Na carpa de organización, nas inmediacións da transición desde 45´ antes do comenzo
de cada proba ata 10´ antes da saída.

Premios:
· Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

Normas de competición
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2017 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia así coma do regulamento de competicións.

Inscricións
Ata o martes, 28 de febreiro, enviando o formulario cuberto á Federación Galega de Triatlón correo-e: fegatri@hotmail.com  e tamén a deportes.lugo@xunta.es