DEPORTE NA ESCOLA

O martes será o primeiro enfrentamento da competición de Deporte na Escola nas categorías A (3º e 4º de Primaria), e B (5º e 6º de Primaria), entrando en competición o Colexio Público Álvaro Cunqueiro Mora.

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo e a dirección do centro confeccionan os equipos para participar en Foz contra o Colexio o Pilar o próximo martes os distintos deportes.

Na categoría A xogarán o Bádminton, Fútbol-sala, Baloncesto e axedrez; na categoría B xogarán a estes mesmos deportes e tamén o balonmano.

Daremos pronto o listado de alumnado que está en cada deporte.