VICTORIA DO MONDOÑEDO F.C.

O Mondoñedo F.C. venceu este domingo no Viñas da Veiga ó C.D. Cospeito, por un marcador de 3-1. O marcador fai total xustiza ó visto no municipal mindoniense, que veu cómo o seu equipo volveu ó nivel do principio de liga.

Eso que comezaron mal as cousas para os nosos. Ían 10 minutos de partido cando un balón en profundidade na espalda da nosa defensa era rematado a gol por Esteban. Subía o 0-1 ó marcador. E case a continuación, nunha xogada moi parecida e co mesmo protagonista, o balón pasou a rentes do pau dereito de Roberto. Foi esta xogada a que acabou de despertar ós mindonienses que puxeron toda a carne no asador para remontar o partido. E deste xeito, un córner sacado por Karro é despexado pola defensa visitante pero non polo porteiro, que saíra en falso. O rexeite caeu ós pés do mais listo, Noly, que de vaselina facía o empate 1-1. Estabamos no minuto 20. E só 5 minutos mais tarde, outra vaselina, esta vez de Jesús tras magnífico pase de Ánxel, convertíase no 2-1 para o Mondoñedo. O partido era xa de claro color local, que dominaba o xogo e tiña as ocasións, ademais de non pasar ningún apuro na defensa. No minuto 35 e tras un centro desde a banda esquerda, Jesús cabecea ó fondo da rede do Cospeito para facer o seu segundo gol e o definitivo 3-1 do partido. Desde aquí ata o descanso dominio total mindoniense. Xa na segunda metade, os nosos seguiron na procura de mais goles, inda que o partido xa quedara sentenciado na primeira parte.

Cabe destacar ocasións de Portela e Fabian sobre todo, e tamén de Moisés, a quén no primeiro periodo lle anularon un gol por un máis que dubidoso fóra de xogo, ó igual que outro anulado a Fabian polo mismo motivo pero nesta segunda parte. E ata o final, só esperar a que pasara o tempo para poder festexar esta nova victoria. Deste xeito, o Mondoñedo F.C. consegue tres puntos importantes ante un rival ó que, ademais, lle gaña o golaveraxe, o mesmo que sucedera a semana pasada ante a Pontenova. Esperemos que tras a xornada de descanso os nosos sigan con esta xeira de resultados para lavar a imaxe dos últimos partidos da primeira volta.

Aliñacións:

Mondoñedo F.C.: Roberto; Carlos, Lori, Miguel, Irra; Pico, Jesús, Moisés, Ánxel, Noly e Karro. Tamén xogaron Juan, Portela, Fabian e Ros.

C.D. Cospeito: Diego; José, Emilio, Miguel, Juan; Rubén, Diego II, Marcos, Guillermo, Esteban e Adrián. Tamén Xogaron Carlos, Blanco e Puente."