NOVA DERROTA DO MONDOÑEDO F.C. (artículo compartido cá páxina mindoniense.com)

O Mondoñedo F.C. está que non levanta cabeza. Esta xornada foi o C.D. Goiriz o encargado de levarse os tres puntos do Viñas da Veiga. E é que os mindonienses están sumidos nun bache de xogo e resultados do que parece non saber saír. O bon xogo xa fai algunhas xornadas que desapareceu, e o desplegue dos primeiros partidos caeu xa no olvido. A baixa forma física parece a causa directa desta mala situación. Os nosos saíron na primeira metade dispostos a gañar o partido para romper a mala xeira de resultados. Pero un rival cun estilo moi parecido ó Parga, defensa forte e balóns longos á espalda da defensa mindoniense, retivo en todo momento as tímidas acometidas locais.

Segue sendo alarmante a falta de pegada arriba, onde non podemos destacar ningún disparo a porta con perigo. Encima, un fallo defensivo facía que no minuto 35 o Goiriz se adiantase no marcador por medio de Andrés. Era o 0-1. Desde ese momento e ata o descanso un testarazo de Chopa e algunha internada pola dereita de Manolo foi o mais destacable polos nosos. E na segunda, mais do mesmo. O Mondoñedo F.C. tivo ós visitantes pechados na súa área a meirande parte deste periodo, pero sen agobialos en tarefas defensivas. O xogo non era preciso nin en pases nin en centros, e as xogadas combinadas tampouco saían. Nesta segunda metade foi onde máis se notou o baixón físico dos mindonienses, reflectido perfectamente nas múltiples imprecisións e na escasez de oportunidades.

Só algunha xogada embarullada na área visitante pero sin inquietar ó porteiro do Goiriz Marcos. E a 20 minutos para o final, unha contra finalizada perfectamente por Paco facía o 0-2 definitivo. O entrenador local Hermelino puxo toda a artillería atacante sobre o terreo de xogo, pero os frutos desgraciadamente non chegaron.

Agora, o próximo partido dispútase en Galdo o sábado 15. É o derradeiro partido da primeira volta e o equipo da nosa cidade tratará por todos os medios de lograr unha victoria que quite, en parte, o mal sabor de boca dos últimos encontros.

Aliñacións do partido:

Mondoñedo F.C.: Roberto; Ros, Lori, Irra, Miguél; Pico, Manolo, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Moisés, Fabian, Lucas, Zalo e Jesús.C.D.

Goiriz: Marcos; Cora, Bocelo, Piñeiro, Cornide; Blanco, Souto, Rouco, Sánchez, Andrés e Paco. Tamén xogaron Pablo e Benjamín."