XOGOS TRADICIONAIS

Monitores do Concello en colaboración có departamento de Educación Física do C.E.I.P. "Álvaro Cunqueiro" de Mondoñedo, achegan ós alumnos os deportes tradicionais que practicaban os nosos maiores.

O día 19 de outubro, como unha actividade máis das festas, a Delegación de Deportes organiza un campeonato de bolos e da Chave para intentar achegar estes deportes os rapaces.

O campionato será na granxa pero no caso de mal tempo realizarase no Polideportivo do Instituto.

Empeza ás 16:30 o campionato probando os pícaros os distintos xogos empezando a competición como tal ás 17:00.

Non deixa de ser unha xornada lúdica polo que tamén haberá outros xogos como a corda, os zancos,...

Esperamos tamén a participación dos maiores neste día lúdico adicado a recuperación dos xogos e deportes tradicionais.