PARTIDO DO MONDOÑEDO F.C. (artículo sacado da páxina mindoniense.com)

Partidazo por todo o alto o que poderán ver o domingo os aficionados que acodan ó Viñas da Veiga, ás 16:30h. O Mondoñedo (4º con 12 puntos) recibe ó equipo de Pastoriza (2º con 16 puntos), co obxectivo de gañar para recurtar distancias e que os tres primeiros non se escapen na clasificación.

Será un partido complicado xa que os visitantes son o equipo menos goleado da categoría, inda que por outra parte, o noso equipo é o mais goleador. Os mindonienses tratarán polo tanto de conseguir unha victoria ante os seus siareiros que os sigan mantendo nos postos privilexiados.

Acode ó campo para animar ó noso equipo e facer entre todos do Viñas da Veiga un fortín, para que o Mondoñedo F.C. conte todos os partidos por victorias. Ademais, a U.D. Pastoricense é un dos serios candidatos ó ascenso, polo que o partido ten todos os visos de ser un bo encontro.

Ánimo e sorte!!!