PARTIDO AMISTOSO: EQUIPO JUVENIL MONDOÑEDO VS. EQUIPO CADETE (ACYPART)

Mañá xoves ás 20 h. xogará un partido amigable de fútbol-sala entre un equipo xuvenil e outro cadete de Mondoñedo, no Polideportivo Municipal da nosa localidade. Este partido está organizado pola Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo a petición destes mozos que van competir. Antes do inicio das escolas tamén serve como aliciente aos rapaces para empezar a introducirse na dinámica deste deporte.