NOVA VICTORIA DO MONDOÑEDO F.C. (artículo sacado da páxina mindoniense.com)

Moi bo partido o ofrecido polo Mondoñedo F.C. e pola U.D. Pastoricense no municipal Viñas da Veiga. O resultado de 3-0 fai xustiza ó visto sobre o terreo de xogo. Comezou o equipo mindoniense tratando de levar o peso do xogo xa desde o inicio de partido, intentando entrar tanto en profundidade polas bandas como en paredes polo centro.

Un xogo de moito toque e moi vistoso para os afecionados que facía que os visitantes non poideran despregar o seu xogo mais físico. Desta forma, e despois dunha moi boa xogada de equipo, chegou o primeiro gol dos locais. Unha serie de pases entre toda a liña de ataque rematou cunha apertura á banda dereita desde onde Juan asistiu a Karro que entraba polo outro lado e facía o 1-0. Corría o minuto 15 de partido. As ocasións continuaban para o Mondoñedo, destacando un disparo desde a frontal de Pico e sendos tiros de Chopa e Karro, ademais dunha mais clara de Borja. Pola súa banda, o Pastoricense intentábao mediante balóns en longo, pero sen perigo para a defensa local.

Xa na segunda metade, o partido acabou de poñerse de cara para o Mondoñedo tras a expulsión por vermella directa de Mel no minuto 5 da reanudación, tras unha entrada a Borja cando éste se dirixía en solitario cara a portería. Desde este momento, os pupilos de Hermelino levaron xa totalmente o peso do partido, excepto durante dez minutos de xogo embarullado nas proximidades da meta local, incluíndo un par de faltas que sacaba ben Roberto. Pero ese momento de dúbida quedou totalmente disipado cando no minuto 25 da segunda parte cando Jesús remata a porta vacía un rexeite do porteiro pastoricense tras un tiro de Karro que xa viña precedido doutro rexeite do porteiro esta vez logo dun chut desde a frontal de Pico. Era o 2-0. Pouco despois, e un pouco por impotencia, produciase a segunda amarela e polo tanto expulsión de Ovejero. Pero o partido xa estaba visto para sentencia. E cando quedaban 10 minutos para finalizar o encontro, unha apertura de Noly á banda remataba cun preciso centro de Fabian que Jesús, outra vez, cabeceaba fantásticamente ó fondo das mallas da portería de Cupeiro. Tratábase do definitivo 3-0 co que xa remataría o partido.

Despois desta victoria, o Mondoñedo F.C. segue invicto na categoría e recortalle tres puntos a un rival directo, o 2º clasificado, quedando a só un punto dos de Pastoriza. Ademais, o equipo da nosa cidade colócase como equipo mais goleador e menos goleado. Agora o próximo partido é lonxe do Viñas da Veiga ante o Rioaveso. Esperamos que a racha continúe.

Aliñacións do partido:

Mondoñedo F.C.: Roberto; Irra, Lori, Miguel, Zalo; Pico, Juan, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Jesús, Fabian, Lucas e Carlos.

U.D. Pastoricense: Cupeiro; Treitas, Carlos, Nacho, Alberto; Ovejero, Trashorras, Fiz, Miguel Pol, Santiago e Campovello. Tamén xogaron Iván, Fontela, Moirón e Mel.