NOVA VICTORIA DO MONDOÑEDO F.C. (artículo da páxina Mindoniense.com)

Partido moi entretido e emocionante o visto no municipal Viñas da Veiga. O resultado de 2-1 a favor dos mindonienses reflicte a igualdade que se viu no céspede, inda que algún gol mais no casilleiro local tampouco sería inxusto.

O partido comezou como todos os desta tempada, cun Mondoñedo intentando levar o peso do partido pero contrarrestado cun forte Xermade en defensa. As ocasións tampouco eran moi claras, só algún córner poñía en perigo a meta visitante. Pero a posesión era para os mindonienses e con paciencia as millores ocasións foron chegando. Unha boa xogada individual de Chopa no medio do campo rematou cunha magnífica asistencia a Borja que non man a man co porteiro non soupo rematala a gol.

Pouco despois, no minuto 30 de partido, outra xogada de libro do Mondoñedo na que colaborou case todo o equipo, rematou cun certeiro centro de Irra para que Borja se resarcira da xogada anterior e marcara de volea na área pequena. Era o 1-0. E dun deses córners perigosos chegaba o segundo para os locais. Era Karro o encargado de executalo e Miguel remataba de cabeza, metendo o balón dentro das redes visitantes. Corría o minuto 37, era o 2-0. Desde aí ata o descanso, pouco mais que resaltar. Só algunha xogada que puido rematar no terceiro, pero sin ser ocasión moi clara.

Na segunda metade, o Xermade estaba disposto a morrer matando. Saíu moi metido no partido e desta forma, no minuto 4, Rubén aproveitouse do seu bo desmarque para acurtar distancias e facer o 2-1. Foron minutos de desconcerto local, nas que o porteiro local Roberto sacou un balón baixo paus tras un córner e que se viron acentuados coa expulsión de Narciso por dobre amarela. Era o minuto 15 da segunda metade e as cousas parecían poñerse costa arriba. Pero o Mondoñedo soupo sufrir e defendeuse magníficamente, de maneira que o Xermade non creou ningunha ocasión de gol. É mais, era o Mondoñedo nalgunha contra dos recén saídos Manolo e Martín o que metía o medo no corpo á defensa visitante.

Cabe destacar a expulsión por vermella directa de Cuqui cando restaban 5 minutos para o final do partido, que facía que os instantes finais fosen só de espera para que o árbitro pitase o final.

Tras esta vitoria, o Mondoñedo F.C. continua invicto e suma tres triunfos consecutivos que o fan poñerse con 11 puntos e manterse nos postos altos da clasificación, á espera dos demais resultados para saber se acaban a xornada de terceiros ou cuartos.

Aliñacións do partido:

Mondoñedo F.C.: Roberto; Irra, Lori, Miguel, Narciso; Pico, Zalo, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Manolo e Martín.

S.D.C. Xermade: Picallo; Rego, Paz, Guizán, Set; Prieto, Esteban, Piñón, Cuqui, Rubén e Bossa. Tamén xogaron Beceiro e Bergantiños.