CLARA VICTORIA DO MONDOÑEDO SOBRE O ROUPAR (artículo sacado da páxina MINDONIENSE.COM)

Contundente, así poderiamos definir a victoria do Mondoñedo F.C. no campo do Roupar. Un dominio xa desde o comezo do partido daba bos presaxios ós mindonienses do que podería pasar sobre o terreo de xogo. Rápido comezou tendo unha ocasión o Mondoñedo, no disparo ó pau por parte de Karro tras unha boa xogada de equipo. Pero é que no minuto 7 de partido, Juan culmina desde a parte dereita unha xogada comezada na banda esquerda. Era o 0 a 1.

E pouco mais tarde, ó arredor do 15, outra boa xogada por banda esquerda, e con fallo do porteiro por irregularidade do terreo de xogo, deixaba a Borja coa portería vacía e co defensor co único recurso de agarralo para evitar o segundo. O árbitro non o dubidou e sinalou pena máxima, que transformou Chopa tras enganar ó porteiro. E xa era o 0-2. E desde aí ata o descanso, control por parte do Mondoñedo e só algo de perigo do Roupar nos saques de esquina.

Tras o descanso, os locais parecían sair mais mentalizados e durante 10 minutos trataron de levar o control do xogo e as ocasións, pero éstas non acababan de chegar. Todo ata que chegou o minuto 20. Foi nese momento cando unha boa xogada de Manolo remata cun disparo que rexeita o porteiro e que o dianteiro mindoniense Borja se encarga de remachar para facer o terceiro da tarde. E cando somentes quedaban 10 minutos para o remate do encontro, e co Roupar xa de brazos baixados, un barullo na área con continuos disparos dos atacantes do Mondoñedo e rexeites da defensa local é rematado por Lucas para subir o definitivo 0-4 ó marcador.

Tratase pois da segunda victoria consecutiva do Mondoñedo F.C., e como na xornada anterior, en forma de goleada. O equipo da nosa cidade non coñece a derrota no que vai de liga e enganchase xa, parece que de forma definitiva, ós postos altos da clasificación, ademais de poñerse á fronte da táboa de equipos mais goleadores. Agora o próximo partido será o sábado 13 ás 16:30 en Mondoñedo e contra o Xermade. Esperemos que siga a boa racha e o noso equipo loite polos postos altos da clasificación.


Aliñacións do partido:
S.D.C. Roupar: Bellas; Hugo, Javier, Moisés, Corral; Manuel, Estévez, Adrian, Aarón, Rochela e Pico. Tamén xogaron Miguel, Aníbal, Pita e José R.

Mondoñedo F.C.:

Roberto; Irra, Lori, Miguel, Narciso; Pico, Juan, Chopa, Borja, Noly e Karro. Tamén xogaron Manolo, Ros, Lucas e Carlos.