MONDOÑEDO F.C.

O próximo día 15 de setembro o Mondoñedo xogará contra o Cospeito C.F. en Cospeito. A directiva do Mondoñedo invita a ir a ver o partido a Cospeito có equipo. A saída será do Bar da Fonte Vella ás 16 h.

Recordo pola miña parte que o Mondoñedo F.C. ten en marcha unha campaña de captación de socios. Con 20 € podes axudar o Mondoñedo F.C. e acudir a ver os partidos da casa.