EMPATE 1-1 DO MONDOÑEDO F.C. (artículo sacado da páxina mindoniense.com)

Bo partido o visto esta tarde no municipal da Fonte en Cospeito. Un principio de partido moi bo por parte do equipo mindoniense parecía augurar unha tarde tranquila para o noso equipo.

Pero nada máis lonxe da realidade, xa que un penalti cometido por Ros tras un desaxuste defensivo do equipo posibilitaba a ocasión mais clara dos locais. Non erraba Esteban dende os once metros e facía o 1-0 para ledicia dos seus siareiros. Corría o minuto 18 de partido. A partir de aí, o partido nivelouse máis, aínda que as ocasións máis claras eran sempre para o Mondoñedo, destacando unha de Pablo, que ben puido rematar en gol. Pero como no primeiro partido, segue costando un mundo marcar, o que limita moito as posibilidades de éxito.Na reanudación, o calor que fixo durante toda a tarde parecía pasar factura ós xogadores e eso facía que se vira un partido máis vistoso en canto a ocasións se refire. Sempre as máis claras eran para o Mondoñedo, que parece non dar atopado a fórmula correcta nos últimos metros. Todo, ata que no minuto 70, e tras un rexeite do porteiro local, o dianteiro mindoniense Pablo resarciuse do fallo da primeira parte e puxo o 1-1 no marcador, resultado que á postre sería definitivo. E dende o gol ata o final, máis ocasións para o Mondoñedo sobre todo, destacando un remate frouxo de Noly e un testarazo de Pico, ademais dun disparo de Chopa ben sacado polo porteiro. Agora o próximo partido será o domingo 30 de setembro ante a S.D. Pol no Viñas da Veiga e ás 17:00h., trala xornada de descanso. Esperamos que o Mondoñedo F.C. siga puntuando, pero esta vez que sexan os tres puntos os que queden na nosa cidade. Aliñacións deste partido:

C.D. Cospeito: Diego; José M., David, Miguel, José Carlos; Rubén, Rafael, Marcos, Guillermo, Estebán e Senén. Tamén xogaron Marcos, Adrián, Hugo e Luis.

Mondoñedo F.C.: Roberto, Ros, Lori, Miguel, Narciso; Pico, Fabian, Chopa, Pablo, Noly e Karro. Tamén xogaron Martín, Manolo e Irra.

Este artículo sacámolo da páxina de mindoniense (¡como sempre, moitas grazas pola vosa axuda!).

Tedes o Plantel de xogadores completo o igual que a directiva do Mondoñedo F.C. no apartado de DEPORTE PROVINCIAL.