COMENZO DA LIGA DO MONDOÑEDO F.C. (artículo sacado da páxina terra de miranda).

Reparto de puntos no Viñas da Veiga, nun partido trabado no que se adiantaron os locais no minuto 40, tras dun gran centro ó segundo pau do lateral Rosendo que, Jesús, logo de deixa-la botar, enganchou de bolea cruzada ó lateral da rede.O gol dos visitantes veu nada máis empezar a segunda parte tras dunha intervención desafortunada do porteiro local Roberto.Aínda que na primeira metade os locais mereceron o triunfo, desinfláronse un pouco na segunda coa chegada do gol do empate.A expulsión, por dúas tarxetas, dun xogador da Pontenova fixo que o derradeiro cuarto de hora fora un infructuoso monólogo local, so interrumpido por algunhas saídas ó contrataque dos visitantes ben resoltas polo central local Miguel, xogador moi acertado durante todo o encontro.

Este artículo foi sacado da páxina: http://www.terrademiranda.net/

Desde este espacio preténdese dar ánimos os xogadores, adestrador e directiva os cales están a facer unha labor moi importante polo deporte do fútbol en Mondoñedo.

Cabe destacar a actuación de Hermelino o frente do grupo como peza importante do equipo, adestrador que leva varios anos loitando polo fútbol mindoniense.