VICTORIA DO MONDOÑEDO F.C.




No debut de pretemporada o Mondoñedo F.C. presentou boas maneiras ó impoñerse contundentemente por 4 goles a 1 ante unha física e correosa U.D. Pastoricense.Un Hat Trick do dianteiro local Borja xunto ó gol de Noly, culminando unha grande xogada colectiva, puxeron a guinda á boa actuación do equipo da cidade do Masma. O gol foráneo foi resultado dunha falta moi ben lanzada ante a cal Adrián, o debutante porteiro local, non tivo nada que facer.O partido foi, pese á diferencia no tanteador, moi desputado na súa maior parte. A clase e veteranía de xogadores contrastados coma Noly e Pico, xunto á maxia no centro do campo de Manolo, fixeron que se vira un grande espectáculo en Viñas da Veiga. O xove porteiro Adrián, pese a non ter excesivo traballo, solventouno con eficacia apuntando unha gran calidade.
Texto da páxina terrademiranda.net, fotos O Rincón de Candia.