FESTIVAL DE PATINAXE ARTÍSTICA

Exitosa participación na Gala de Patinaxe Artística, celebrada onte. Este evento foi dirixido por Rebeca Díaz, o cal pon punto final ó traballo de todo un ano de escolas deportivas do devandito deporte.

Destacar a masiva afluencia de público que gozou cás interpretacións por parte do alumnado de patinaxe e que premiou con calorosos aplausos o traballo realizado polos alumnos e a monitora.
Ó final da gala entregáronse os diplomas acreditativos do curso. Á devandita entrega acudiron o Alcalde D. Orlando González Cruz, e o Concelleiro de Cultura e Deportes D. Xusto Fernández Haro.

Para ver fotos do evento tedes aquí un enlace dunha boa páxina de Mondoñedo (mindonium.com):
http://www.wadhoo.com/23760/patinaje%20artistico.htm