DESPEDIDA XA DUN DOS GRUPOS DE XIMNASIA DE MANTEMENTO

Onte, no Seminario Santa Catalina levouse a cabo a despedida anual dun dos grupos de ximnasia de mantemento que organiza a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo. Unha sesión lúdica no que se os cerca de vinte alumnos que acudiron a esta última sesión xogaron o bádminton entre eles, e acto seguido uns pinchos serviron como remate a este ano académico para este grupo.

Desde a Delegación de Deportes agradécese a colaboración do Seminario Santa Catalina por ceder durante este ano as instalacións do Ximnasio.