DESPEDIDA DOS GRUPOS DE XIMNASIA DE POLA MAÑÁ


Hoxe tivemos a despedida dos grupos de ximnasia da mañá. Unhas sesións relaxadas e emotivas despedidas de curso foron o predominante nas dúas sesións.


Na foto tedes as miñas pícaras do segundo grupo (e os meus dous pícaros). Un recordo cariñoso para as lesionadas e as que non puideron vir este día.

Dende a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo agradecer o Centro de Servicios Sociais a colaboración prestada o igual que a Caixa Galicia que sempre colabora con nos en todalas actividades.


O día 8 teremos unha comida despedida que tamén será a despedida de todolas actividades que organiza o centro mencionado.


E recordamos que o día 9 teremos a ruta de senderismo saindo as 10 da maña da Praza da Catedral camiño a área recreativa da Fervenza.